A nova praza de Samos poderá levar o nome de 'Vergara Vilariño'

SarriaXa

Desde o goberno local de Samos levaron ao pleno de outubro a proposta de poñer de nome á nova praza fronte ao mosteiro como ‘Vergara Vilariño’ en homenaxe ao poeta nado no Concello de Samos, proposta que o PP votou en contra.

Obras praza Samos
Obras praza Samos
8 oct 2023

Desde o goberno local de Samos levaron ao pleno de outubro a proposta de poñer de nome á nova praza fronte ao mosteiro como ‘Vergara Vilariño’ en homenaxe ao poeta nado no Concello de Samos, proposta que o PP votou en contra.

Pola súa parte, os populares criticaron a afirmación do edil de deportes que dixo que os maiores da residencia municipal da vila “deben de traballar de maneira altruísta no horto que está proxectado nunha parcela contigua ás instalacións”, xa que o voceiro popular cre que os maiores xa traballaron abondo durante a súa vida.

Ademais, o PP tamén criticou que o goberno local “rexeitase a proposta do PP para que o Concello de Samos subvencionase unha parte do material escolar que precisan os nenos do colexio”, ao que a alcaldesa respondeu que nos orzamentos non se deixou partida para iso, “ademais de que esa cuestión é competencia da Xunta, tanto as axudas como o transporte”. Tamén, sostivo que esas axudas “serían algo discriminatorio para o alumnado do colexio de Samos, xa que algúns non están empadroados no Concello”, sostivo.