A Biblioteca de Burela organiza un concurso de poemas de Nadal

AMariñaXa
O Concello de Alfoz dará axudas ás parroquias para a decoración de Nadal. Serán axudas de 300 euros e nominativas
concurso postais Burela 2023 nadal
concurso postais Burela 2023 nadal
18 nov 2023

A Biblioteca Municipal de Burela organiza un concurso de poemas de Nadal que deberán estar redactados en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara escrito a ordenador ou con bolígrafo.

Haberá tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos. Cada unha contará cun lote de libros e un diploma como premio.

Cada autora ou autor poderá presentar cantos traballos desexe, con cadansúa folla de datos cumprimentada.

Todo isto deberá ser entregado na propia biblioteca ata o día 22 de decembro. Os datos identificativos irán nas follas de datos, nunca no traballo presentado.

O xurado fará públicos os resultados no mes de xaneiro, e os premiados participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.

A Biblioteca Municipal publicará cada ano un libriño conmemorativo que recollerá os traballos premiados, polo que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.