Este sábado celebrarase a Festa da Música de Burela

AMariñaXa
Burela celebrará este venres por segundo ano consecutivo a noite do San Xoan Castrexo con unha festa da Asociación Burela Castrexa
1 festa da musica barreiros 2023
1 festa da musica barreiros 2023
22 nov 2023

O Concello de Burela celebra este sábado 25 de novembro a súa Festa da Música, organizada pola Agrupación Cultural e Musical Dambara.

A organización describe o evento como unha "festa multicultural e con distintos tipos de música transversal, estilos musicais que se retroalimentan e se complementan entre si".

A festa terá lugar na praza da Mariña a partir das 13:00, contando coas actuacións de múltiples agrupacións musicais de diversa procedencia.

Entre as formacións que actuarán na festa están a AM Santo Inocencio, a Banda de Gaitas Dambara, Brisas del Navia, Batuko Tabanka, Os do Vinteun, Aspebu, Fol do Raxal, Acordeonistas da Mariña, Coral Polifónica de Burela, Arume, Cordenaia, Ledicia, O Feitizo, Alex Djimmy, Espera que Vou Mexar e a Escola de Música de Burela.

Haberá cocido para a comida e para a cea, puidéndose adquirir os tickets para as mesmas no local da ACM Dambara na praza de Abastos ou o mesmo día na carpa.

A comida será ás 14:30 e a cea ás 21:00, e os tickets terán un prezo de 20 euros para adultos e 15 euros para menores de 10 anos.

Ás 20.00 terá lugar o sorteo dunha cesta de peixe valorada en 300 euros, e ás 22.00 comezará a foliada libre. A festa rematará cunha Noitada DJ a cargo de DJ Litainer, que comezará ás 23.59 na propia praza da Mariña.

festa da musica barreiros 2023