Skip to main content
Foz

O Concello de Foz adquire catro novos vehículos para o servizo de obras

Por 28 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de obras, financiados grazas a un convenio asinado coa Deputación de Lugo en abril deste ano 2023. Os automóbiles -un todoterreo 4×4 e tres furgonetas- servirán para renovar parcialmente unha frota moi antiga. A compra dos vehículos fíxose por procedemento aberto, resultando adxudicatarios Caetano Fórmula Galicia no caso do todoterreo -Dacia Duster- e Ditram Automoción no caso das tres furgonetas -Toyota Proace- . O investimento total ascende a 98.714 euros.

O alcalde, Fran Cajoto, explica: “grazas ao apoio económico da Deputación de Lugo puidemos facer unha adquisición de vehículos que nos vai a permitir aforrar porque imos reducir gastos en talleres e suprimiremos o aluguer dunha furgoneta, que se vai a devolver esta mesma semana. Imos tamén dar de baixa varios vehículos, algún dos cales tiña máis de 30 anos de antigüidade. Estes adquiridos agora son ferramentas de traballo cun menor consumo e van permitir aos operarios municipais ter unhas condicións de maior seguridade. Quero agradecerlle ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o apoio recibido”.