O PP de Foz denuncia que o alcalde aprobará unha suba das licenzas de obra dun 30% aproximadamente

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz recomenda non usar temporalmente a auga da traída pública para a inxesta de auga para cociñar
Javier Castiñeira, PP Foz
Javier Castiñeira, PP Foz
28 nov 2023

O PP de Foz denuncia que Cajoto aprobará unha suba das licenzas de obra dun 30% aproximadamente. “O xoves negro que vivirá Foz esta semana vai camiño de marcar un antes e un despois no municipio xa que o señor Cajoto tamén pretende subir o custo das licenzas de obra nun 30% aproximadamente”, si o voceiro popular en Foz, Javier Castiñeira,q ue destaca que tanto PSOE como BNG queren castigar a toda a vila xa que “subir o prezo das licenzas de obra afecta a calquera veciño e a calquera persoa que queira investir no noso municipio”.

Dende o PP de Foz explican que este imposto vai asociado a unha taxa e supón o 2.5 % do coste do proxecto máis un 0.5 % polo visado da propia licenza e un 0.5 % máis na primeira ocupación. "En resumo, un 3.5 % do total do proxecto", di Castiñeira.

"Por poñer un exemplo, calquera persoa que pida unha licenza para un proxecto dunha vivenda de 100.000 euros aproximadamente, tería un custo da licenza duns 3.500 euros. Pero coa nova regulación que pretenden aprobar PSOE e BNG o custe aumentaría, neste caso, uns 1.000 euros, xa que pese a que o imposto segue igual, as taxas soben”, engade o popular.

A taxa de visado pasa do 0.5 % ao 1 % e a de primeira ocupación tamén aumenta na mesma proporción. "En total, do 3.5 % pasamos ao 4.5 %, de aí esa suba de 1.000 euros no exemplo explicado".

O voceiro popular ve “absolutamente innecesario” este aumento porque estamos a vivir un momento no que “é preciso fomentar o investimento económico”, sobre todo naqueles sectores que están a pasar por momentos complicados.

“Este é o goberno que temos en Foz. Esta é a esquerda de Foz. Que sobe os impostos, algo que calan en período electoral pero que á primeira ocasión que teñen o fan sen miramentos”, criticou, ao que engadiu que “semella que as sorpresas do señor Cajoto para este xoves negro semellan non rematar”