Un lugués gaña o Campionato Galego de Mototurismo

LugoXa

Este domingo tivo lugar a xuntanza anual da asociación de grupos moteiros galegos, no que se decide o resultado do Campionato Galego de Mototurismo da AGMG.

ganador mototurismo lostrego lucus_portada
ganador mototurismo lostrego lucus_portada
20 nov 2023

Este domingo tivo lugar a xuntanza anual da asociación de grupos moteiros galegos, no que se decide o resultado do Campionato Galego de Mototurismo da AGMG.

O gañador deste ano é Miguel Ángel Painceiras, do Motoclub Lostregos Lvcvs, de Lugo, gañador individual club socio AGMG, que asistiu durante o ano a un total de 24 eventos organizados por socios da AGM. A Asociación de grupos moteiros galegos (AGMG) engloba 50 motoclubs de Galicia. Dos 50 socios que compoñen a AGMG participaron nesta xornada o 70 por cento.

Miguel Ángel Painceiras do Motoclub Lostregos Lvcvs recibiu este premio xa que asistiu durante o ano a un total de 24 eventos organizados por socios da AGMG e esta é a terceira vez que un lucense gaña este premio.

Por outra banda, o club moteiro socio gañador deste ano é Motoclub Moteiros do Morrazo, os seus socios asistiron a un total de 42 eventos.

O gañador individual que participa por libre ao campionato é Manuel Rodríguez e a acompañante gañadora con máis participacións Ángeles Rodríguez que participaron en 15 e 13 eventos respectivamente.

Un dos proxectos futuros para 2024 é a realización dun macro evento por parte da propia AGMG, nese evento non faltaría o bo ambiente moteiro, a música, gastronomía etc.

ganador mototurismo lostrego lucus