Comezan as actividades polo 25N en Palas de Rei

LugoXa
O rural conta a violencia de xénero, será o lema da andaina popular que o próximo vindeiro 13 de novembro farase no Camiño Francés
palas 25N 2023
palas 25N 2023
18 nov 2023

A casa consistorial de Palas de Rei porta na súa fachada principal, o cartel da campaña de sensibilización e loita contra a violencia de xénero, co lema: “Non máis violencia contra as mulleres".

Este cartel foi posto en marcha dende o CIM, con motivo do mes, no que se celebra o día internacional contra a violencia de xénero.

Así memos, programan diferentes actividades durante estes días. O martes 21 haberá un contacontos pola igualdade no CEIP de Palas de Rei ás 9.30 horas, e ás 10.00 e ás 11.00 horas na casa da cultura poderase desfrutar dun obradoiro de teatro, 'A luz das candeas'.

O sábado 25 farase a V Andaina contra a violencia de xénero, con saída desde o Concello, e o martes 28 ás 11.00 horas haberá unha mesa local interinstitucional fronte a violencia de de Palas.

cartel palas 25N.jpg