O PP de Monforte pide que os centros da terceira idade e de discapacitados teñan unha tarifa especial para o cobro da auga

RibeiraSacraXa

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para que os centros para a terceira idade e discapacitados se teñan en conta á hora de tarificar o cobro da auga como un uso especial, ao igual que ocorre co Hospital comarcal ou as industrias do polígono.

Katy Varela modificación ordenanza abastecemento
Katy Varela modificación ordenanza abastecemento
17 nov 2023

O PP de Monforte defenderá no pleno deste mes unha iniciativa para que os centros para a terceira idade e discapacitados se teñan en conta á hora de tarificar o cobro da auga como un uso especial, ao igual que ocorre co Hospital comarcal ou as industrias do polígono.

Os populares presentan esta moción xa que consideran “moi necesaria e non pode demorarse máis”, así o explicou a voceira popular Katy Varela, quen recorda que "xa se presentou no pleno de outubro, en forma de emenda á modificación da ordenanza reguladora das taxas de abastecemento de auga e recollida de lixo, pero o goberno local rexeitou alegando que necesitaban tempo para valorar a proposta”.

Katy Varela explica que o apartado C recolle os usos especiais da cota tributaria, unha tarifa especial para determinados centros, como son o Hospital comarcal, os colexios e as industrias do polígono. “Consideramos que dentro deste apartado deben incluírse os centros para a terceira idade e discapacitados por dous motivos, pola importante labor que realizan e porque teñen un gasto de auga importante”, sinalou.