O acendido oficial das luces de Nadal de Burela será este mércores

AMariñaXa

O Concello de Burela acenderá as luces de Nadal o próximo mércores día 6 de decembro.

Burela decoracion Nadal 2022 (1)
Burela decoracion Nadal 2022 (1)
4 dic 2023

O Concello de Burela acenderá as luces de Nadal o próximo mércores día 6 de decembro. O acendido oficial será ás 19.30 horas na Praza do Concello, dando así o pistoletazo de saída a máis dun mes de actividades, que se prolongarán ata o día de Reis.

Tras este acto, acompañado da agrupación musical Dambara-Santo Inocencio, terá lugar a actuación do grupo de rock The Hot Tubes sobre o escenario da Praza da Mariña.

A banda porá ritmo á tarde de Nadal burelesa a partir das 20.00, interprentando en directo os temas máis relevantes do pop rock nacional e internacional.