A Anpa do Ceip Virxe do Carme de Burela organiza unha festa de Nadal

AMariñaXa

A Anpa do Ceip Virxe do Carme de Burela organiza para o xoves 21 de decembro unha festa de Nadal.

nadal papa noel
nadal papa noel
17 dic 2023

A Anpa do Ceip Virxe do Carme de Burela organiza para o xoves 21 de decembro unha festa de Nadal. Esta cita será de 16.00 a 20.00 horas no pavillón do cole Os Castros.

Contarán con xogos, colchonetas, chocolate con churros, e moitas sorpresas, así como cun sorteo de cestas creadas polos alumnos de 6º de Primaria.

Nesta festa colabora o Concello de Burela e a Deputación de Lugo.