Los Chikos del Maíz, Mafalda e Talco, protagonistas do décimo aniversario da Candeloria

LugoXa

O vindeiro 2 de marzo celébrase o décimo aniversario do festival Candeloria, que o fará cunha programación a base de referentes da escena musical actual.

Candeloria
Candeloria
3 dic 2023

O vindeiro 2 de marzo celébrase o décimo aniversario do festival Candeloria, que o fará cunha programación a base de referentes da escena musical actual. Los Chikos del Maíz son un dos grandes atractivos do cartel, pois volven ao Pazo de Feiras e Congresos cando pasan 9 anos da súa última visita.

Mafalda, grupo que xa forma parte da historia da cita, pois será a súa terceira vez no festival, tamén visitará a cidade para achegar a súa xira coa que se despiden dos escenarios. Outra das bandas icónicas, Soziedad Alkoholika, é outro dos confirmados, xunto co grupo Me Fritos and The Gimme Cheetos.

Convertidos nunha das bandas máis en forma do metal galego, Os Arrhythmia, que pisaron o escenario na primeira edición da Candeloria, tamén estarán presentes no aniversario. Outro dos grupos confirmados son os italianos Talco, considerados referentes do ska punk a nivel mundial e que se caracterizan polas súas letras reivindicativas.

O grupo de rap barcelonés Tribade, referente na música feminista e La Duendeneta, que poñerá o broche de ouro ao encontro completan o programa que se vén celebrando dende o ano 2014 e que xa se converteu nun dos eventos imprescindibles durante o inverno.

candeloria programa aniversario