Skip to main content
Axenda CaducadaLourenzá

O Vilou Spring Fest, de Lourenzá, contará coa Panorama e El Combo Dominicano

Por 7 Xaneiro, 2024Xaneiro 8th, 2024Sin comentarios

Vilanova de Lourenzá acollerá un ano máis o seu festival, Vilou Spring Fest, que se celebrará o 28 de marzo, coincidindo coa Semana Santa.

Esta cita musical contará como prato forte coa actuación da Panorama e El Combo Dominicano, pero tamén participarán outras orquestras aínda por confirmar.

As entradas, aínda non están á venda, pero dende a organización avanzan que se porán á venda no mes de febreiro e que aínda están fixando os prezos e os puntos de venda.

Este evento está organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá.

Na edición anterior contaron con dous días de festas e coas actuacións da Panorama, o grupo Beatriz, Conxuro discomóvil e os DJ Billy e Dani Rego.