Renovada a directiva do grupo Fonmiñá de Lugo

LugoXa

Na Asamblea anual do Grupo Fonmiñá, celebrada o pasado día 28, procedeuse á renovación de membros da Xunta Directiva que lles correspondía cesar.

4 ene 2024

Na Asamblea anual do Grupo Fonmiñá, celebrada o pasado día 28, procedeuse á renovación de membros da Xunta Directiva que lles correspondía cesar. Deste modo, a nova directiva queda encabezada por Xulio Xiz Ramil, que xa era o presidente.

Como vicepresidente figura Juan José Arias García; secretario, José Antonio Giz Paz, e tesoureiro, José Manuel Guisasola Escudero. Ademais como responsable de cine continúa Manuel Curiel Fernández e de fotografía, Eduardo Rodríguez Ochoa.

Este colectivo, que tomou o nome da lagoa da Pastoriza, é un referente a nivel imaxe e cine na provincia de Lugo. Son os encargados desde 1979 de celebrar a Semana de Cine de Autor, que ten lugar todos os meses de setembro como unha cita imprescindible para os cinéfilos.