Máis de 20 persoas participaron da observación astronómica con Borja Tosar en Louseiro

SarriaXa
Máis de 20 persoas participaron da observación astronómica que tivo lugar esta fin de semana na parroquia de Louseiro, en Sarria, da man do o astrónomo e divulgador científico sarriao, Borja Tosar.
observación-astronómica-Louseiro-Sarria
observación-astronómica-Louseiro-Sarria
15 mar 2024

Máis de 20 persoas participaron da observación astronómica que tivo lugar esta fin de semana na parroquia de Louseiro, en Sarria, da man do o astrónomo e divulgador científico sarriao, Borja Tosar.

A iniciativa, promovida e organizada pola Asociación Gorriós de Louseiro, deu comezo ás 19.00 horas no antigo colexio parroquial, onde observaron o ceo, concretamente Xúpiter e Saturno cun telescopio novo.

Despois, as persoas participantes puideron desfrutar dunha merenda-cea e unha chocolatada no propio local de celebración. Así, desde a asociación defenden que a xornada foi "todo un éxito, como sempre que vén Borja Tosar".