O PP de Lugo solicítalle ao Concello mellorar a drenaxe da rúa Monte Pena Rubia

LugoXa

O grupo municipal do Partido Popular solicítalle ao Goberno local que mellore a drenaxe da rúa Monte Pena Rubia no barrio de Casás.

pp_lugo_rua_monte_pena_rubia
pp_lugo_rua_monte_pena_rubia
2 feb 2024

O grupo municipal do Partido Popular solicítalle ao Goberno local que mellore a drenaxe da rúa Monte Pena Rubia no barrio de Casás. Segundo trasladan dende a formación política, na vaguada desta vía acúmuluse auga debido á escorrentía que procede dunha fonte que cando chove provoca balsas de auga que son moi perigosas para a circulación viaria e de peóns.

A veciñanza explicou aos concelleiros do Grupo Popular que cando o Concello asfaltou esta vía non deixou prevista a canalización algunha. Por outra banda, destacan que o Goberno autonómico informou en decembro ao Concello dunha incidencia provocada pola falta de drenaxe municipal nesta vía que dificulta  a recollida de auga do regato que vén dende a rúa Orquídea logo de atravesar os terreos por onde se está facendo o aparcadoiro disuasorio.

Os populares presentarán unha iniciativa para pedir a PSOE e BNG que busquen solucións para solventar a problemática que hai neste punto e que se agrava os días nos que chove xa que a auga apoza neste vial de titulariedade municipal.