Mauricio Repetto participa no primeiro pleno da Rede Innpulso de 2024

LugoXa

O concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou este martes en Madrid no primeiro pleno da Rede Innpulso do ano 2024.

mauricio_repetto_ministra_diana_morant
mauricio_repetto_ministra_diana_morant
13 feb 2024

O concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, participou este martes en Madrid no primeiro pleno da Rede Innpulso do ano 2024. O Concello de Lugo accedeu a esta rede na pasada anualidade. Trátase dun foro de encontro de todos aqueles municipios distinguidos co galardón Cidade da Ciencia e a Innovación, que outorga anualmente o Ministerio de Ciencia e Innovación, coa finalidade de avanzar na definición e aplicación de políticas locais innovadoras.

Así, o obxectivo da Rede Innpulso é recoñecer e impulsar as actuacións que en materia de ciencia e innovación realizan as administracións locais, propiciar a colaboración entre os concellos pertencentes á Rede, mellorar o seu potencial innovador e servir de modelo a outros municipios para contribuír ao cambio do modelo produtivo cara a un modelo económico e social sostible, baseado no coñecemento e a innovación.