Podemos Galicia atende en Lugo a Quioscos en Loita que denuncia unha "competencia desleal" entre centros e librarías

LugoXa

Este xoves Ximena Cheda, candidata á Xunta de Galicia por la provincia de Lugo de Podemos Galicia, mantivo un encontro coa agrupación Quioscos en Loita.

ximena cheda podemos
ximena cheda podemos
16 feb 2024

Este xoves Ximena Cheda, candidata á Xunta de Galicia por la provincia de Lugo de Podemos Galicia, mantivo un encontro coa agrupación Quioscos en Loita. Fernando Toubes atendeunos para trasladar as súas demandas. Dende esta agrupación expoñen novamente un tema moi importante para estes pequenos negocios como é a volta ó cole e a competencia desleal que sofren dende os colexios concertados.

“Certo é que xa existe unha sentenza do tribunal na que dá a razón ás librerías, que son elas as que teñen que ter ese perfil de venda comercial e non os centros educativos como ata o de agora. Non se está cumprindo por parte da Xunta e nós queremos reivindicar dende aquí que seguiremos loitando para que isto non sexa como está a ser actualmente.”

Segundo trasladan, os centros concertados cada vez sacan a súa oferta antes e fano cuns prezos moi competitivos xa que, en moitos casos, son as súas fundacións as propietarias das editoriais que solicitan na súa listaxe de libros de texto ou obteñen o favor de editoriais en forma de desconto dun 25 % como puidemos comprobar, fronte a un 15 % que percibimos as librerías clientas de toda a vida. “Isto fai imposible ou moi difícil competir con estes centros que deberían só dedicarse á educación e non á venda de libros de texto“.

Dinamizar as compras

Por outra banda, queren reivindicar unha opción en canto ás axudas que ofrece a Xunta de Galicia para a compra de libros de texto e material escolar, e que en lugar de verse envoltos na burocracia dos cheques en papel, outórgueselles aos pais ou titores un bono (QR) para así poder dinamizar esta compra, podendo visitar varias librerías e papelerías ata esgotar o saldo do cheque. Deste xeito tamén se vería aproveitado de maneira mais eficiente polos pais, que non se verían obrigados a gastar o importe total nunha soa compra, xa que o sistema actual impón o uso único do cheque, que supón en moitos casos perder parte dos cartos ó non poder facer varias compras.

Deste xeito, demandan que a Xunta “propoña no seguinte borrador para o curso 2024-2025 que se absteñan en primeiro lugar que os centros concertados comercialicen calquera tipo de material funxible e tamén libros de texto e que se deriven directamente ó que son as librerías profesionais cun epígrafe concreto.”

Como alternativa, presentan poder conceder “os cheques directamente ós cidadáns, cun modelo similar ó que se usa no Concello de Lugo”. Isto permite que os cidadáns “poidan elixir as librerías onde teñen que gastar ese importe sen que os colexios concertados poidan manipular ese perfil”. O colectivo vai a seguir loitando e piden a máis compañeiros do sector “que se unan para que se non nos fan caso nesta primeira fase de petición, nesa segunda fase, o que imos buscar xa é unha medida de aviso para que non se faga este tipo de comercialización”. Sinalan que a Xunta é “a que ten a primeira man neste caso, aínda que non descartan chegar “ó que é a vía xudicial”.