O PP de Lugo esixirá no pleno que se reforce a brigada de augas

LugoXa

O PP esixirá no pleno a PSOE e BNG que pague o que se lle debe ao traballador que leva 3 semanas encadeado.

PLENO ORDINARIO PP LUGO
PLENO ORDINARIO PP LUGO
19 feb 2024

O PP esixirá no pleno a PSOE e BNG que pague o que se lle debe ao traballador que leva 3 semanas encadeado. Os populares anunciaron que presentarán esta iniciativa a pleno logo de que a alcaldesa dese a calada por resposta e se negase a convocar unha xunta de voceiros que se solicitou o día 9 de febreiro co obxectivo de abordar esta cuestión.

O concelleiro popular Antonio Ameijide asegurou que dende o Goberno local “presumen de progresistas e explotan a un traballador municipal durante anos; obríganno a ir aos xulgados e cunha sentencia favorable en man néganse a pagar o que lle deben polo seu traballo”. O popular quere que tanto Alvarellos como Arroxo dean a cara, xa que “a única alternativa que nos deixan é elevar este asunto ao pleno reclamando o cumprimento da sentenza.

Nesa mesma iniciativa tamén solicitarán que se reforce a brigada de augas, mermada e desmantelada durante os últimos anos, dando aos traballadores municipais a categoría profesional real aos postos que desempeñan, pasándoos de peóns a oficiais, e reforzando servizos con máis medios humanos para ofrecer mellores prestacións aos cidadáns. Os populares insisten en que “urxe no plano humano darlle unha solución a este traballador municipal que está de garda 24 horas dos 7 días da semana”. Ademais, puntualizan que é “inmoral e ilegal que un concello teña a unha persoa nestas condicións e especialmente relevante cando os compoñentes deste goberno presumen de defender os dereitos dos traballadores”.