Galiza por Palestina mobilízase en Lugo para pedir o fin da ocupación

LugoXa

O colectivo Galiza por Palestina organiza este luns 26 de febreiro mobilizacións por distintas localidades galegas para pedir o fin da ocupación e por unha Palestina libre.

manifestación Palestina
manifestación Palestina
25 feb 2024

O colectivo Galiza por Palestina organiza este luns 26 de febreiro mobilizacións por distintas localidades galegas para pedir o fin da ocupación e por unha Palestina libre. No caso de Lugo, a concentración será a partir das 20.30 diante do Concello.

“O xenocidio na Palestina é incuestionable e só pode explicarse pola inacción de tantos gobernos ante o apoio político e económico inquebrantable dos EUA e dunha UE débil e cómplice co réxime sionista e asasino de Israel”, aseguran dende Galiza por Palestina.