Skip to main content
Sarria

Sarria acolle unha gran programación cultural no mes de marzo

Por 29 Febreiro, 2024Abril 16th, 2024Sin comentarios

O Concello de Sarria vén de presentar a súa programación cultural para o mes de marzo, na que se inclúen dúas exposicións, a de Expocuir, de Zoe Vixión, do 1 ao 31 de marzo na Casa da Cultura; e a de Anhelos, do 4 ao 20 de marzo na Antiga prisión preventiva e actual oficina municipal de turismo.

Ademais das exposicións, a vila sarriá acollerá diferentes espectáculos familiares, como o do sábado 2 de marzo na Casa da Cultura María Pita Conversas cunha heroína ou a proxección da película Nomaland ás 20.00 horas.

Xa o 7 de marzo ás 19.30 horas terá lugar Fíos de poesía: recital aberto de autoras no marco do Día da Muller, que se celebra o día 8 de marzo coa lectura do manifesto polo Día Internacional da Muller. O 9 tamén haberá unha actividade en feminino, co obradoiro de Arte Colaborativa 8M e a VII Carreira da Muller Vivas e Iguais; e o domingo 10 rematarán as actividades feministas cun concerto pola muller da man da Banda Comarcal, Nerea Iglesias e Olalla Losada.

Máis actividades culturais

Para a segunda metade do mes, haberá unha presentación do libro Los zapatos del lobo, de Sonia Arias e o día 16 celebrarase a IX Xuntanza de Palilleiras de Sarria así como terá lugar a VIII Estremonía Cantada Cantos de Taberna.

Con respecto ás proxeccións de filmes, o propio sábado proxectarase a película Encanto e o domingo 17  ás 20.00 horas os veciños poderán desfrutar da película El año que dejamos de jugar.

Con respecto aos últimos eventos do mes, o xoves 21 terá lugar o Día da Poesía Eduardo Rey Moure, o día 23 celebrarase a Biblioteca aberta dentro do aniversario Xarope resiste, o 24 Tarabela Teatro representará Boa sorte, mala fama; e o 26 rematará a programación co espectáculo familiar Valente e rebelde, con Trémola Teatro.