Unha ruta polo Camiño Inglés organizada polo Grupo Xacobeo de Sarria terá lugar este domingo

SarriaXa

O Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha nova ruta polo Camiño Inglés do Camiño de Santiago este domingo, 4 de febreiro, desde Neda ata Pontedeume, unha ruta de 16 km e de dificultade media.

Grupo Xacobeo Rutas Sarria
Grupo Xacobeo Rutas Sarria
1 feb 2024

O Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha nova ruta polo Camiño Inglés do Camiño de Santiago este domingo, 4 de febreiro, desde Neda ata Pontedeume, unha ruta de 16 km e de dificultade media.

Así, as persoas interesadas en participar desta nova actividade xa poden apuntarse ata esgotar as prazas e pagar unha cota de 40 euros para os socios e de 43 para os que non son socios, incluíndo a ruta, a comida, o transporte e os seguros.

Ademais de camiñar todos xuntos e compartir unha xornada de andaina, ao terminar esta etapa do Camiño de Santiago comerán todos xuntos en grupo nun restaurante da zona.