Tarabela Creativa compartiu o proceso de creación dunha obra de teatro co alumnado de Sarria

SarriaXa

A concelleira de Educación, Geni Valcárcel, e o concelleiro de Acción Cultural, César No, durante deron a benvida ao alumnado dos centros educativos no ensaio aberto da peza 'Boa sorte, mala fama' de Tarabela Creativa.

Tarabela creativa Sarria
Tarabela creativa Sarria
1 feb 2024

A concelleira de Educación, Geni Valcárcel, e o concelleiro de Acción Cultural, César No, durante deron a benvida ao alumnado dos centros educativos no ensaio aberto da peza 'Boa sorte, mala fama' de Tarabela Creativa.

Neste encontro, enmarcado dentro da residencia artística que a compañía de teatro está realizando na Casa da Cultura dende o mes de decembro, as actrices e todo o equipo compartiron o proceso de creación e resolveron as dúbidas dos rapaces e rapazas. Ademais, pola noite, a compañía ofreceu tamén un ensaio aberto para asociacións culturais.

O vindeiro domingo 25 de febreiro actuarán na Casa da Cultura ás 20.00 horas nunha función enmarcada dentro da programación cultural do Concello de Sarria.