O PP propón un aparcadoiro público e seguro para 150 camións no polígono das Gándaras

LugoXa

A instalación formaría parte dunha rede autonómica e ten por obxectivo mellorar a seguridade dos transportistas e atraer a máis mulleres ao sector

O PP propón un aparcadoiro público seguro para 150 camións no polígono das Gándaras.

reunion_pp_representantes_transportes
reunion_pp_representantes_transportes
19 mar 2024

A instalación formaría parte dunha rede autonómica e ten por obxectivo mellorar a seguridade dos transportistas e atraer a máis mulleres ao sector

O PP propón un aparcadoiro público seguro para 150 camións no polígono das Gándaras. Os populares presentaron aos representantes das asociacións de transportistas e aos empresarios das Gándaras esta iniciativa que supón habilitar un área de estacionamento con peche perimetral e protexida con servizos destinados aos camioneiros e camioneiras profesionais.

Esta instalación formaría parte dunha rede autonómica e ten por obxectivo “mellorar a seguridade e as condicións laborais dos transportistas cun matiz innovador que é atraer a máis mulleres ao sector do transporte, tradicionalmente masculinizado”. Os populares explican que para que esta dotación sexa unha realidade é preciso impulsar un convenio de colaboración entre o Concello, Deputación, Asociacións de Transportistas (Tradime e Aetram), Asociación de Empresarios de As Gándaras o CEAO e a Xunta.

Segundo trasladan, o Concello tería que ceder unha parte do uso dunha parcela de titularidade municipal de 20.000 metros que está situada no corazón do polígono e que na actualidade ten sinalizadas 800 prazas para vehículos. Mediante o acondicionando unha parte desta área, concretamente de preto do 50 %  da parcela, poderían crearse 150 prazas de estacionamento seguro para camións. A instalación tería un peche perimetral, dispositivos de seguridade, iluminación e con vestiarios e aseos separadas para homes e mulleres.

Maior seguridade

Na reunión, tanto representantes dos empresarios como dos transportistas concordaron con que esta dotación se dará un valor engadido ao polígono que contará cun novo servizo que o fará máis atractivo para os profesionais que están e ruta así como para os provedores do polígono que gañarían nova clientela. Tamén indicaron que a seguridade beneficiará a todos “aos camioneiros porque gañan en tranquilidade e aos cidadáns porque se retirarían os camións que aparcan en diferentes zonas da cidade”.

Con esta dotación pretenden que os” profesionais poidan facer noite e descansar con seguridade e coa maior dignidade posible lembrando como na actualidade moitos transportistas deixan os vehículos na Ronda Norte, ou incluso nalgunha rúa da cidade expostos aos roubos”.