Skip to main content
Taboada

Antón Fontao, con raíces en Taboada, vén de recibir un premio polo seu activismo en favor da inclusión

Por 30 Marzo, 2024Marzo 31st, 2024Sin comentarios

Antón Fontao Saavedra, un mozo con raíces en Taboada, acaba de recibir un premio na sede de Nacións Unidas de Nova York xunto aos seus compañeiros de Estudantes pola Inclusión.

Tanto el como os seus compañeiros foron recoñecidxs polo seu activismo en favor da educación inclusiva e dos dereitos das persoas nomeadas pola discapacidade.

Levan recibindo premios, elaborando documentais con grandes éxitos e moitas máis iniciativas imposibles de mencionar, por iso desde o Concello de Taboada “alegrámonos dos seus éxitos e felicitámolo, así como intentaremos traer algún dos seus documentais en breves á nosa vila dende a Área de Igualdade, Benestar e Sanidade”, destacan.