Skip to main content
A PontenovaAlfoz

Amigos do Ouro celebra o seu campionato anual de pesca no río

Por 19 Abril, 2024Abril 20th, 2024Sin comentarios

O vindeiro sábado 20 de abril, a Sociedade de Pesca Amigos do Ouro, celebrará o seu campionato anual de pesca no río Ouro. Trátase da segunda edición desta cita. O campionato súmase á variedade de propostas que están a desenvolver dende o colectivo como foron as xornadas de iniciación á pesca con mosca impartida por Julio Seijas, que tiveron lugar no pasado mes de decembro.

Durante o ano, o grupo tamén realiza labores de limpeza e de conservación do río. En xaneiro encargáronse de limpar unha das escalas para o remonte dos peixes, que se atopaba completamente taponada por restos de madeira arrastrados pola corrente, impedindo a subida e baixada das especies migratorias do río.