Skip to main content
Axenda CaducadaCervo

Cervo prepárase para a oitava edición da Foliada e Feira de Artesanía na que participan 15 agrupacións

Por 25 Abril, 2024Sin comentarios

Cervo celebrará o 4 de maio a oitava edición da Foliada e Feira de Artesanía, organizada por Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal e A Morena. Ese encontro de música tradicional contará coa participación de 15 agrupacións e o concerto de Faíscas da Pontraga.

Con outras actividades de promoción da cultura tradicional como un obradoiro de construción de xoguetes música,a cargo de Pablo Pintor, outro de maios, con Branca Villares, xogos populares con Xotramu e a presentación do libro A Gaita na Terra de Melide de Suso Ascariz. Na contorna da Praza do Souto instalaranse durante a xornada unha ducia de postos de alimentación e artesanía.

O día está repleto de actividades diversas pensadas para desfrutar con amigos e familia. Ás 11.30 horas, está previsto un obradoiro de construción de xoguetes musicais da man de Pablo Pintor, que se desenvolverá nas Escolas Vellas de Cervo. Ás 12.00 horas, no salón de actos do Concello, terá lugar a presentación do traballo de investigación a Gaita na Terra de Melide, co seu autor, Suso Ascariz. Un percorrido sonoro, literario e fotográfico pola tradición musical da zona.

Tamén ao mediodía, arrincarán os cantos de taberna coa participación de A Rebolaxe, Amiguinhas Foliadeiras, Antoxo duns Poucos, Arume, Cordenaia, Ledicia, Os Netos de Escribano e Os do 21. A continuación está prevista a sesión vermú coa Charanga Alxibeira. Xa pola tarde, ás 16.00 horas, nas Escolas Vellas, terá lugar un obradoiro impartido por Branca Villares, sobre a Festa dos Maios. E tamén haberá na Praza do Souto Xogos Populares con Xotramu.

Foliada e concerto

Ás 18.30 horas, será a Foliada coas actuacións de As Faíscas, As Ferriñas, Fol do Raxal, Ledicia, Maravalla, O Arco da Vella e Saíñas. Como peche de festa, ás 22.00 horas, terá lugar o concerto de Faíscas da Pontraga, seguido de Foliada Libre e Queimada.

A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; a deputada de Cultura Iria Castro e por membros da A.C. Recreativa Fervenza de Sargadelos, da agrupación Fol do Raxal e A Morena, que organizan o evento no que colabora, como cada edición, o Concello de Cervo. Na presentación, a responsábel de Cultura destacou “o papel do asociacionismo de base na dinamización cultural e, especialmente, na conservación e na difusión da música tradicional”.

Encadrou a colaboración coa Foliada de Cervo “no apoio da área de Cultura ás iniciativas que xurden do asociacionismo e á difusión da música en galego, a través de programas como Tradigalu ou Xunt@s polo Serán”. A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo animar a veciños e visitantes a que se acheguen a desfrutar desta xornada en Cervo, na que se mesturan tradición, cultura e artesanía “nunha contorna privilexiada como é a capitalidade municipal, que sempre sorprende e marabilla a quen a descubre por primeira vez e que é un lugar de encontro acolledor para os que xa a coñecen”.

Riqueza cultural

Tamén quixo felicitar á organización, A Morena, Fervenza de Sargadelos e Fol do Raxal, que “son todo un exemplo da riqueza cultural e asociativa que temos no noso municipio e que contribúen enormemente a difundir a cultura galega e tamén a dinamizar o noso municipio coas diferentes actividades que programan durante o ano”.

Nesta ocasión, destacou a “capacidade para reunir a unha representación importante da riqueza folclórica tradicional da Mariña” nun evento que ano tras ano é un éxito de participación; como de seguro o vai volver ser o próximo 4 de maio, “porque ten todos os ingredientes para elo”, sentenciou.

I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.