Skip to main content
Burela

Arte e tradición no XIV Encontro de Palilleiras de Burela, que contará con desgustacións, mostras e obradoiros

Por 27 Abril, 2024Abril 28th, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro de Palilleiras, un evento organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeras que agarda recibir a centos de palilleiras para compartir arte e tradición. O encontro desenvolverase integramente no Porto de Burela, con horario de mañá e de tarde de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo Reina del Carmen. A programación comezará coa recepción das palilleiras, dando paso ás 11.30 horas á inauguración do acto, seguida dunha degustación de empanada de merluza e dunha viaxe ó Monte Castelo e á Igrexa Vila do Medio. Ó mediodía haberá un parón para a comida e xa pola tarde será a quenda dun sorteo de regalos ás 17.30 horas. Durante toda a xornada as palilleiras estarán traballando no porto, intercambiando coñecementos entre elas e amosando a súa arte ós que se acheguen.

En paralelo a este programa tamén haberá unha exposición de mantillas bordadas e mantillas de bolillos procedentes da colección privada de Sol Teijeiro e un obradoiro de Marisa Hermida, “Creación dunha mimosa”, para un grupo de vinte persoas, previa inscrición. “Queremos felicitar á asociación polo seu traballo para sacar adiante este encontro, todo un referente na programación sociocultural de Burela, da comarca da Mariña e de toda a provincia”, apuntaron Deputación de Lugo e Concello de Burela.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, insistiu en que a asociación “déixase a pel nos meses anteriores ó encontro para que todo saia ben ese día”. Palillar é “unha tradición e cultura e ese día poderemos ver os vínculos sociais que se forman en torno a este encontro”, conclúe.