O Vencello de Burela organiza unha conferencia sobre a Lei de Costas e a APLU

AMariñaXa

Este martes, 30 de abril, a asociación de veciños O Vencello de Burela organiza unha charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

29 abr 2024

Este martes, 30 de abril, a asociación de veciños O Vencello de Burela organiza unha charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU). A proposta correrá  a cargo do avogado Pablo Álvarez Ramos e terá lugar no Salón de Actos municipal (Antiga biblioteca) a partir das 20.00 horas.