Skip to main content
Lugo

A tradición das pezas dos centros alfareiros da provincia centra unha conferencia en Lugo

Por 25 Abril, 2024Abril 26th, 2024Sin comentarios

O Vello Cárcere de Lugo acolle unha conferencia sobre as principais características e diferencias das pezas producidas nos centros alfareiros de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós. A cita será este xoves a partir das 18.00 horas e contará coa participación da Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira.

A importancia de diferenciar as pezas que foron elaboradas dentro dos catro principais centros produtores de Lugo é fundamental para poder entender e identificar cada a produción propia de cada un deles e clave tamén para entender o modo de vida da sociedade que as emprebaba.