Skip to main content
Lugo

Son de Corda estrea o seu espectáculo literario e musical en Lugo

Por 25 Abril, 2024Abril 26th, 2024Sin comentarios

O cuarteto Son de Corda actúa este sábado a partir das 20.00 horas no vello Cárcere. Cartas Alén é un espectáculo literario, no que estarán acompañados ao piano por Elena Rodríguez e ao violín por Aldara Palmeiro. A cita literaria e musical estará enriquecida coa danza de María Pichín. Un canto á liberdade e á paz.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co cuarteto o concerto co que seguen “ampliando a programación cultural de Lugo con distintas propostas de calidade para que toda a veciñanza atope algo do seu gusto na extensa axenda cultural de Lugo”.

Son de Corda está formado por Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto),  Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo), e ten vocación de facer tanto música a capella coma con acompañamento instrumental, ben sexa dun instrumento acompañante ou dunha agrupación. O piar básico da formación é o de ter un amplo repertorio lusófono (galego, portugués, brasileiro), para o que manteñen contacto con compositoras e arranxistas, para “actualizar” a nosa música medieval, tradicional e de autora. Tamén utilizan os instrumentos históricos do País, órganos e reproducións dos instrumentos dos pórticos das catedrais galegas, para a difusión da música feita para eses instrumentos.