Skip to main content
Lugo

A escultora Soledad Penalta inaugura a mostra ‘Emocións’ no Museo de Lugo

Por 27 Abril, 2024Abril 28th, 2024Sin comentarios

O Museo Provincial de Lugo inaugurou a exposición Emocións da escultora Soledad Penalta, dentro da proposta (Re)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuir?. Así abren así as portas a unha nova mostra da artista noiesa cuxa creatividade ten unha pegada indeleble no panorama artístico galego. A mostra inclúe unha selección coidadosamente curada de vinte pezas de gran formato que capturan a esencia e a destreza da súa produción dos últimos anos.

Contemplar a larga, meditada e coherente traxectoria de Soledad Penalta é percorrer a obra dunha artista que soubo dar os pasos precisos, tanto na estrutura formal como na conceptual, para construír un mundo de emocións, cativador e atraente para o espectador.

As súas pezas de aceiro, matizadas por pensamentos escritos e mensaxes abertas, tamén por o silencio e a luz, acadan o propósito primordial da autora, que non é outro que o que Brancusi rubricou nun coñecido aforismo: “Non busquedes aquí fórmulas escuras e misteriosas. O que eu vos dou é pura alegría”. A mostra pode visitarse dende este xoves e ata o 30 de setembro na sala temporal do Museo de Lugo.