Paula Trabado do Lugokan conquista o bronce no Campionato de España Escolar

LugoXa

Os deportistas do Lugokan seguen amosando o bo traballo e o nivel do club coa súa última participación no Campionato de España Escolar no que suman a súa primeira medalla nacional.

lugokan_pamplona
lugokan_pamplona
30 abr 2024

Os deportistas do Lugokan seguen amosando o bo traballo e o nivel do club coa súa última participación no Campionato de España Escolar no que suman a súa primeira medalla nacional. Paula Trabado, que foi convocada pola Federación Galega de Judo, fíxose cun bronce 40 Kg no Navarra Arena de Pamplona.

O torneo deixou moi bo sabor de boca aos lucenses grazas a gran actuación de Trabado, que solo cedeu nas semifinais no Golden Score ou punto de ouro ante Jimena Martín de Aragón, a Campiona de España no 2023. Os demais combates resolveunos todos pola vía rápida.

Pola parte de Georgiana Neblea, gaña o primeiro combate con superioridades, caendo no segundo ante a representante catalá sen opción de repesca. Ás dúas deportistas quédalles unha tempada máis na categoría, polo que esperan seguir colleitando bos resultados.