Entregan en Lugo os premios da Olimpíada Galega de Economía

LugoXa

Lugo acolleu a entrega de premios da XIV Olimpíada Galega de Economía, na que participan estudantes da materia de Economía en Bacharelato, que se celebrou na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo.

Olimpíada Galega de Economía
Olimpíada Galega de Economía
13 abr 2024

Lugo acolleu a entrega de premios da XIV Olimpíada Galega de Economía, na que participan estudantes da materia de Economía en Bacharelato, que se celebrou na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo. A deputada de Cultura Iria Castro asistiu á cita na que colabora a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Supón a fase local da Olimpíada Española e fíxose entrega dun lote de libros para o estudantado que participou na proba. As estudantes e o estudante cas tres mellores cualificacións - de dous institutos ourensás e dun centro compostelán- representarán as universidades galegas na final estatal que se celebrará na Universidade da Rioja entre o 19 e o 21 de xuño.