Oito estudos de baile de todo Galicia cítanse en Lugo para poñer en valor a danza

LugoXa

Unha morea de centros galegos reúnense en Lugo para celebrar a danza.

conservatorio_danza_lugo
conservatorio_danza_lugo
29 abr 2024

Unha morea de centros galegos reúnense en Lugo para celebrar a danza. A cita será o 1 de maio a partir das 18.30 horas no Gustavo Freire. Nela estarán Scene Ballet, Paloma Estudio Danza, o conservatorio CEDA Danza10, o estudo Allegro, a escola COMP•ARTE, o centro Teresa Neri, Palimoco Teatro e Victoria Gil Danza & Escena.

A cita enmárcase nas actividades coas que o Conservatorio Profesional de Danza de Lugo celebra o seu 20 aniversario. As entradas para poder acudir á proposta, que son de balde, xa poden adquirirse a través da web.