O Gustavo Freire abre as súas portas ao alumnao de secundaria de Lugo

LugoXa

O tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado da responsable da área de Cultura, Maite Ferreiro, e do responsable da área de Infraestruturas, visitaron o Auditorio Municipal Gustavo Freire nunha xornada especial na que diversos centros educativos da cidade acudiron a ver o obra Soños.

gustavo_freire
gustavo_freire
30 abr 2024

O tenente Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado da responsable da área de Cultura, Maite Ferreiro, e do responsable da área de Infraestruturas, visitaron o Auditorio Municipal Gustavo Freire nunha xornada especial na que diversos centros educativos da cidade acudiron a ver o obra Soños.

Soños, da compañía Artefeito, é a primeira obra teatral galega que trata a situación da mocidade tutelada dun xeito integral. “Un espectáculo divertido, ameno e sorprendente, pero tamén cunha gran forza social”, destacou Maite Ferreiro. Unha ficción moi realista e con moito ritmo que nace do contacto directo do autor e directora con mocidade tutelada, levando as súas experiencias ao escenario. Unha ventá a realidade da mocidade en risco de exclusión: amósanos o seu contexto, as súas aspiracións, os seus medos.

Maite Ferreiro explicou que esta actividade se enmarca no obxectivo da Tenencía de Alcaldía de abrir o Auditorio Municipal a todo tipo de públicos, independentemente da súa idade. Neste caso, foi a quenda dos e das máis novas, xa que, segundo a edil de Cultura, “é fundamental manter abertos os espazos culturais da cidade á mocidade para que poidan desfrutar de obras que promoven a diversidade e a conciencia social”, tal e como acontece con esta obra que xa fora presentada o 1 de febreiro dentro da programación municipal do primeiro semestre. O seu éxito, interese e temas tratados foron decisivos para realizar este pase especial para escolares.