A escola infantil de Monterroso abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso

LugoXa

A escola infantil municipal de Monterroso abre o prazo de matrícula do 1 ao 15 de maio para o vindeiro curso.

30 abr 2024

A escola infantil municipal de Monterroso abre o prazo de matrícula do 1 ao 15 de maio para o vindeiro curso. Os interesados poden entregar a documentación no propio centro.

No caso de nova matrícula precisan presentar folla de matrícula, fotocopia do libro de familia, fotocopia do DNI dos pais, fotocopia declaración renda 2023 Certificado de empadroamento colectivo expedido polo Concello. No caso de renovación só se precisa presentar a folla de matrícula e fotocopia da renda.