Skip to main content
Taboada

A Asociación de Mulleres Rurais Landra agradeceu a participación na II edición da Ruralsía de Taboada

Por 23 Abril, 2024Abril 24th, 2024Sin comentarios

A II edición da Ruralsía de Taboada, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Landra, foi todo un éxito de participación, polo que desde a organización quixeron dar as grazas a todas as persoas que o fixeron posible.

Así, deron a grazas á Fundación Condado de Taboada por permitirlles levar a cabo a iniciativa no Pazo de San Pedro de Bembibre, e ao Concello de Taboada pola colaboración.

Tamén quixeron dar as grazas ás persoas encargadas de acompañar coa música, á taboadesa Xiana Mourenza, que “emocionou os nosos corazóns coa canción Lela” e a Faiscas de Solobeira, “que dende a música tradicional ben compasada nos facían mover os pés”, din.

Tamén agradeceron a presenza de escritores e escritoras, poetas e poetisas, pintores e pintoras, artesáns e artesás; así como a veciños e veciñas e xente da contorna e de diferentes lugares de Galicia que se achegaron ao lugar.

Tamén agradeceron aos presentadores José Carlos Ulloa, Ana Rey e Anxo Boán e a Paula, Belén, Conchi, Elia, Begoña, Lucía, Ana, “que traballaron, aplaudiron e abrazaron”.

Tamén a Ramón Vazquez “por estar, participar e coidar este lugar tan fermoso como é o Pazo” e a Lúa e Kia, “dúas cadelas únicas que fixeron algo da súa arte”, conclúen.