Skip to main content
Sober

Trovare e Cantigas de Seixo actuarán o domingo en Sober

A Asociación Agromadas de Ourense e o Concello de Sober organizan unha visita cultural á Ribeira Sacra que incluirá un concerto ás 19.00 horas deste domingo, 28 de abril.

Así, o plan será saír ás 09.30 horas de Seixalbo, chegar a Sober ás 10.30 horas e alí visitar a Ribeira Sacra. Xa ás 14.00 horas terá lugar o xantar conxunto e pasarán a tarde ata o concerto.

O concerto será no auditorio municipal de Sober e actuará o grupo Trovare e as Cantigas de Seixo, un grupo de voces masculinas nado no 2015 da Asociación Cultural Agromadas, coro de Seixalbo.