Skip to main content
Sober

A XXII Festa das Avoas e dos Avós de Sober foi “moi emotiva”

A XXII Festa das Avoas e dos Avós de Sober que se celebrou esta fin de semana foi unha edición “moi emotiva, na que agradecemos a participación de todos e todas as que colaboraron e asistiron”, din desde o Concello de Sober, que lle fixo un agasallo a cada un e cada unha das asistentes e tivo ademais un detalle especial con todas as avoas e os avós maiores de 90 anos.

Así, din que “aproveitamos para facer unha sentida homenaxe aos nosos maiores, os nosos e as nosas referentes e aos que tanto lles temos que agradecer. Grazas por seguir compartindo día a día a vosa experiencia, vivencias e sabedoría”, sostiveron.

Ademais doutras personalidades, o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañou ao alcalde, Luis Fernández Guitián nesta celebración e a todo o público asistente.