Skip to main content
Sarria

Preséntase a primeira ruta literaria sarriá ‘Desfeita’ de Camilo Gonsar na Casa da Cultura

Sarria celebra o Día do Libro a través da presentación da primeira ruta literaria sarriá ‘Desfeita’ de Camilo Gonsar, que terá lugar a partir das 19.30 horas na Casa da Cultura.

Así, na presentación estará Silvia Mondelo, guía turística de Sarria e a encargada da realización da narración e os contidos; Clara Gonsar, filla de Camilo Gonsar; e César No, concelleiro de Acción Cultural.

O proxecto, que foi creado por Rubén Grilo, artista internacional e encargado tamén da parte plástica coa colaboración de Antón Fortes, creador do itinerario literario e Maria Ramos, diseñadora da tipografía de Desfeita; inaugurarase oficialmente o vindeiro domingo 28 de abril.

Por outra banda, a audioguía será inaugurada no mes de maio para o drsfrute permanente de todos os veciños e visitantes da nosa vila. Para esta audioguía contouse tamén coa inestimable axuda de Iñaki López, Gonzalo Ariel e Hernan Gabriel, creadores do espazo sonoro.