Skip to main content
O Incio

Higher Meditation é o terceiro artista confirmado que actuará no Tremeterra Fest do Incio

Por 25 Abril, 2024Abril 26th, 2024Sin comentarios

Os organizadores do Tremeterra Fest veñen de confirmar o terceiro artista que actuará o vindeiro 30 de agosto no Encoro de Vilasouto do Incio, e é Higher Meditation.

Así, descríbeno como “un talentoso produtor francés radicado en Leicester (Reino Unido), que atopa o seu fogar creativo no Vibronics Studio, onde dá forma e mestura a súa música. As súas composicións foron amplamente difundidas por recoñecidos sistemas de son como Jah Shaka, King Shiloh, Iration Steppas, Channel One e Blackboard Jungle”.

En 2016 fixo o seu debut co lanzamento do seu primeiro vinilo no selo francés Skank Ou’clock, “presentando un 12” titulado “King Of Glory/From Near or Far”, unha obra inspirada en figuras emblemáticas como King Tubby, Scientist, Jah Shaka, The Disciples, Alfa e Omega e Vibrónica.  En 2018 dá un paso adiante co lanzamento do seu propio selo, presentando o seu primeiro 12” titulado “Land Of Zebulon/Cyan Take It Non More”, seguido doutro lanzamento en outubro en colaboración coa talentosa cantante californiana Joshua Hales, coa cara A titulada “Sanctuary/Chant Down Babylon”, explican.

Por todo isto, desde a organización agardan “unha sesión chea da maxia de Higher Meditation nun vibrante Tremeterra con subgraves profundos, ritmos contaxiosos e algunhas sorpresas máis”, conclúen.