Skip to main content
O Incio

Os organizadores do Festival Tremeterra do Incio confirman a Nia Songbird como artista

Por 27 Abril, 2024Abril 28th, 2024Sin comentarios

Nia Songbird, natural de Leicester, é a cuarta artista confirmada polos organizadores do Festival Tremeterra do Incio. Esta cantante e compositora atopa a súa paixón pola música aos 14 anos. Medra influenciada polo Dub nun fogar no que a música é un membro máis da familia.

Os organizadores explican que seu pai, Henry, forma parte dunha popular banda dos 80 chamada Groundation, máis famosa polas súas cancións “Juggernaut/Fa Ward”. A súa nai Lesley tamén é un rostro moi coñecido na escena do Dub, e é quen a leva á súa primeira sesión en 2007 no West Indian Centre de Leeds para escoitar o son heavy de Iration Steppas.

Neste contexto, Nia namora da música e comeza a desenvolver paixón por ela. En 2016, ten o privilexio de coñecer a Steve Vibronics, con quen grava o seu primeiro sinxelo “Jah Jah’s House”, marcando o inicio dunha colaboración duradeira.

Ademais do seu traballo con Vibronics e Higher Meditation, Nia colabora con outros produtores e sonidistas destacados como King Earthquake, Lyle Sher Khan, Niveis Muffet, así como con talentos emerxentes como Anton Simha.

“Agardámola no Tremeterra Festival o 30 de agosto de 2024, ao carón de Higher Meditation no que será unha sesión chea de good vibrations“, explican.