Skip to main content
Sarria

A XXXIV edición da Mostra Agrogandeira San Isidro de Sarria celebrarase os días 11 e 12 de maio

Por 28 Abril, 2024Abril 29th, 2024Sin comentarios

Sarria celebra a XXXIV edición da Mostra Agrogandeira San Isidro os vindeiros 11 e 12 de maio no campo da feira, que incluirá poxas de gando frisón e gando de vaca Rubia Galega, exposición de gando vacún, equino, porcino, ovino, caprino, e tamén de maquinaria agrícola e gandeira. Ademais, haberán tamén produtos alimentarios ecolóxicos e artesanais, así como cetrería de aves rapaces.

Concretamente, todo comezará o sábado 11 coa apertura do recinto feiral ás 09.00 horas, na que se poderá ver toda a exposición de maquinaria, produtos e de bonsáis da Asociación El Serbal e cerámica de Lolo.

Xa ás 12.00 horas terá lugar a poxa de gando frisón e ás 13.00 horas será a exhibición de cetrería de voo de aves rapaces de Falcóns Galicia, que volverá a haber ás 19.00 horas.

Ademais, o sábado comerase polbo polos establecementos sarriaos e pola tarde desenvolverase unha festa con xogos infantís, que culminarán co primeiro campionato de tiro de corda para asociacións e equipos de parroquias e barrios, e que rematarán cunha pancetada popular e baile no campo da feria de Sarria.

Pola súa parte, o domingo o recinto feiral abrirá ás 10.00 horas e haberá exposición de maquinaria agrícola e gando con Rubia Galega, angus, wagyu japón, limousín, e tamén alpacas e equinos.

Ás 12.00 horas terá lugar a poxa de xovencas Rubia Galega, ás 13.00 horas será a comida e ás 18.00 horas celebrarase o sorteo de xovenca Rubia Galega preñada de 8 meses.