Poñen en valor o proxecto 'Lerias, contos relatos... historias de disCAPACIDADE' do IES Xograr de Sarria

SarriaXa

Dous nenos que forman parte da Plataforma Diversa Infantil Comarca de Sarria, Nico e Gabi, participaron nos contacontos do proxecto 'Lerias, contos, relatos… historias de disCAPACIDADE' que promoven durante este curso dende o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Día do Libro IES Xograr Sarria
Día do Libro IES Xograr Sarria
29 abr 2024

Dous nenos que forman parte da Plataforma Diversa Infantil Comarca de Sarria, Nico e Gabi, participaron nos contacontos do proxecto 'Lerias, contos, relatos… historias de disCAPACIDADE' que promoven durante este curso dende o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Dentro do proxecto, a última acción que levaron a cabo foi a narración oral ‘Pecha os ollos’ en colaboración co Ceip Frei Luís de Granada, tal e como explican desde Diversa Infantil.

Esta historia é a de dous irmáns que perciben o mundo de formas diferentes e que nos amosa que realidades diversas teñen cabida nunha sociedade máis xusta e solidaria.