Decenas de persoas participaron na I edición dos Cantos de Taberna de Samos

SarriaXa

A I edición dos Cantos de Taberna de Samos foi todo un éxito despois da gran participación da veciñanza e de persoas doutros concellos limítrofes que se achegaron para desfrutar da xornada festiva.

Cantos de Taberna Samos 2024
Cantos de Taberna Samos 2024
29 abr 2024

A I edición dos Cantos de Taberna de Samos foi todo un éxito despois da gran participación da veciñanza e de persoas doutros concellos limítrofes que se achegaron para desfrutar da xornada festiva.

Desde o Concello agradecen a todos os grupos participantes dos Cantos de Taberna, que foron Son de Outeiro, Nubeiro Son Galego, Os corenta e chinco, Gaiteiros de Goián, Son do Mao, Lingoreteiros, Cómeme “A Bica”, Estoupafoles e Os trece de Lugo; e e aos locais que colaboraron, que foron o Mesón Pontenova, o Hotel a Veiga, o Restaurante Albaroque, a Abadía, Tras do Convento, Cantina de Renche e Casa de Airapadrón.

Tamén deron grazas á Asociación de Comerciantes "por levar un peso importante na organización, e por suposto a toda esa xente que se achegou a desfrutar da música e bo ambiente".