Sarria acolle o 30 de xuño a IV Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria

SarriaXa

O Club Clásicos, que celebra o seu II Rally Regularidad Vila de Sarria o vindeiro 4 de maio, anuncia a data para a IV edición da Concentración de Vehículos Clásicos Vila de Sarria, que se desenvolverá o vindeiro 30 de xuño.

28 abr 2024

O ano pasado concentráronse na vila de Sarria arredor de cen vehículos, que estiveron expostos no Chanto desde as 09.00 horas e que despois saíron a percorrer distintas localidades de Sarria.

As persoas interesadas en participar desta iniciativa, ao igual que na edición pasada, poderán desfrutar de diversos coches clásicos e tamén actividades sociais e culturais durante a xornada.

https://galiciaxa.com/2024/04/sxa/sec-sxa/cul-sxa/264702/