Skip to main content
Axenda TERRACHÁXAXermade

Xermade acolle en maio de novo o programa Camiños do coñecemento da USC

Por 16 Abril, 2024Abril 17th, 2024Sin comentarios

A biblioteca pública de Xermade accolle en maio un novo ciclo de charlas divulgativas baixo o título Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do conecemento.

Este ciclo está impartido pola USC e organizada polo IV Ciclo ou formación universitaria para os maiores de 50 anos.

As datas de celebración son do 7 ao 10 e o 15 e 15 de maio e impartirase en horario de de 16.30 a 18 horas.

As ponencias arrancarán o o día 7 falando de alimentación saudable para continuar ao día seguinte cunha sesión de práctica sobre este mesmo tema.

Un seminario sobre o cine como linguaxe será o tema a tratar na sesión do xoves para continuar coa rodaxe dunha curtametraxe sobre os refráns como elementos comunicativos. Completan a formación un seminario sobre a educación para a cidadanía global e o consumo responsable e un obradoiro práctico sobre este mesmo tema.

Para máis información e matriculación haberá que poñerse en contacto co Concello de Xermade no teléfono 982 501 001.