Abre o prazo de solicitudes para o PAI de Abadín

TerraChaXa

O Concello de Abadín abre este mércores, 1 de maio o prazo de solicitudes de reserva de praza e de novo ingreso no Punto de Atención á Infancia para o vindeiro curso 2024/2025.

30 abr 2024

O Concello de Abadín abre este mércores, 1 de maio o prazo de solicitudes de reserva de praza e de novo ingreso no Punto de Atención á Infancia para o vindeiro curso 2024/2025.

Estas deberán realizarse no prazo comprendido dende o 1 de maio ata o 15 de xuño de 2024.

O modelo de solicitude facilitarase no Punto de Atención de á Infancia do Concello de Abadín, e presentarase no antedito centro xunto coa fotocopia do DNI / NIE ou do pasaporte dos pais/nais ou titores, dúas fotos tipo carné do neno/a, a fotocopia da tarxeta de Seguridade Social ou documento equivalente do/a menor, fotocopia do Libro de Familia, informe médico do neno/a no que consten alerxias alimentaria (lactosa, glutén...) ou físicas (aos materiais como pinturas, ceras...) de ser o caso ou calquera outra información necesaria e cartilla de vacinación infantil do programa galego de vacinación ou calquera outra documentación do Sergas que así o acredite, e certificado de empadronamento e de convivencia da unidade familiar.

De ser o caso, tamén deberán adxuntar documentación acreditativa de familia numerosa, familia monoparental, sentenza de separación ou divorcio, sentenza sobre medidas paterno-filiais, cargas familiares, invalidez, discapacidade ou dependencia.

Para calquera outra consulta ou aclaración ao respecto, serán atendidos no Punto de Atención á Infancia do Concello de Abadín.