A Festa do Maior en Begonte será o 11 de maio

TerraChaXa
Begonte celebra a súa festa do Maior o próximo sábado 20 de maio cunha misa, comida e sesión de música e baile
dia do maior begonte portada
dia do maior begonte portada
28 abr 2024

O próximo 11 de maio Begonte celebrará a Festa do Maior que dará comezo ás 13.00 cunha misa na igrexa parroquial de San Pedro.

Ás 14.00 dará comezo o xantar no pavillón do colexio Virxe do Corpiño para continuar ás 16.00 cunha actuación musical e sorteo de agasallos.

O peche dos actos será ás 20.00.

O prazo para o pago e recollida das tarxetas estará aberto ata o 3 de maio cun prezo de 8 euros para os pensionistas e desempregados e de 35 euros para o resto de persoas interesadas en asistir.

Será imprescindible presentar a tarxeta o día da festa e pódense pagar e recoller na oficina do Concello de Begonte.

Dende a organización informan que haberá servizo de transporte de ida e volta para as parroquias previa inscrición.