Oito escolas municipais participaron en Rábade no Torneo de Ximnasia Rítmica

TerraChaXa | LugoXa

O pavillón municipal Eduardo Fernández Villamarín acolleu o Torneo Terra Chá Ximnasia Rítmica 2024 no que participaron oito escolas municipais (Guitiriz, Begonte, Vilalba, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Castro Ribeiras de Lea e Rábade).

torneo rabade ximnasia ritmica1
torneo rabade ximnasia ritmica1
30 abr 2024

O pavillón municipal Eduardo Fernández Villamarín acolleu o Torneo Terra Chá Ximnasia Rítmica 2024 no que participaron oito escolas municipais (Guitiriz, Begonte, Vilalba, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Castro Ribeiras de Lea e Rábade).

A alcaldesa de Rábade, Reme González, o concelleiro do equipo de Goberno Carlos González, e o concelleiro do Grupo Municipal do PSOE, Alejandro Martínez, foron os encargados de facer a entrega de medallas a todos e todas as participantes.

O Concello de Rábade agradece a todos os que fixeron posible que esta convocatoria fora un éxito.